vaitraballar

lunes, abril 09, 2007

Estamos de Mudanza !!

Si Señores, logo de varios desencontros có blogspot este movímo-los contidos deste blog a http://vaitraballar.wordpress.com.
Metemos tamén ahí que había en mimadrinha.blogspot.com e outras historias que tiñamos gardadas.
Pasado un tempo prudencial, este blog irase a tomar vento. Deicas.

sábado, marzo 17, 2007

Unhas radios moi chulas...

Levo un montón de tempo sin escribir aquí eh. Foi debido a "problemas de acceso" que tiven, que non me permitían edita-los contidos coa frecuencia que me apetecía. Sen embargo, teño moito material por ahí gardado, je,je, o que pasa é que aínda non teño moi claro que vou facer: si pechar este blog e abrir outro onde xunte todas as historias que teño por ahí ciscadas, con varios colaboradores, si traer paquí os contidos e deixar este de capitán de navío, non sei..

Polo dagora, e para rachar coa pana, vou poñer o que me mandou o meu novo veciño Roi, para que bailedes eh, non vos queixar!!. Textualmente:

"Aparte de http://www.medinalia.com/ y http://www.pandora.com/ ... http://www.di.fm/ La mayoría es de música electrónica de todo tipo: dance, lounge, chillout, ... pero en el último submenú "Sky.fm channels" tienen muchos más estilos. La calidad es bastante aceptable (96kbps) y se puede cargar como una playlist de winamp. "

Graciñas, Roi

Etiquetas: , ,

martes, enero 09, 2007

Informática:gotAPI

Tras o descanso correspondente ó período navideño, volvo da man dese traficante de enlaces interesantes, o Sr. Dabarca.
Pois sí, neste caso trátase dunha páxina onde ti nunha caixiña vas poñendo a palabra clave da API que queres curiosear
e lévate á definición. Hai de todiño: HTML, Javascript, CSS, Prototype, PHP, .. bueno, xa vedes na páxina principal a oferta completa.

Cantas veces andamos atrás da definición de form ou de getElementById ou da pedra de afiar macho.. e ala .. a buscar en manuales por intrené. Pois aquí está, un recuso moi útil, señores: (ir)

Ala, que vos sexa útil e Feliz Ano a todos.

Graciñas, Carlos.

martes, diciembre 26, 2006

Felizzzzzzzz Navidaddddddddd!!! Boooo Nadal!!

Que o neno Xesús vos traía moita Paz !!

Informática: Mundo CMS: Plugins WordPress

Dicir que empecei con isto do wordpress así medio a ver que era i estou encantado eh. É un software de bitácoras (blogeo o como queirades), xenial.

A versión monoblog, é dicir, a máis normaliña, a que usa o persoal por ahí, facilísima e moi cómoda. Ten algúns defectiños, para o meu gusto, pero moi ben.

Eu non che teño moito tempo de andar cacharreando, pero de cando en vez vóto un ollo a ver que plugins hai para este trebello e probo a ver que tal. Gustome moito o "Organizer" e o "Ajax Comments", aínda que este último non vai ben con tódolos "Themes".  

Bueno, pois iso, para que non se me esquezan, deixo aquí uns enlaces a páxinas con listas de plug-ins e as súas descripcións, para ir probando e logo, xa irei facendo a lista dos meus preferidos ;-).

Plugins para Wordpress en MundoGeek (ir)
wp-plugins.net (ir)
A páxina oficial (ir)


Si sabedes dalgunha máis interesante, poñer comentarios eh.. que sempre se agradece ;-).

Pois nada máis, a ver si a próxima entrada sobre o tema vou facendo unha especie de guía das características que eu creo que debe ter un "theme" para wordpress" e das necesidades que teño e non dou cuberto (ou non sei facelo), e así igual alguén me vota unha man e me dí que plugin teño que instalar ;-P.

viernes, diciembre 15, 2006

Xeral: Rarezas: Os nenos ven, os nenos fan

Debe ser porque son "papito" que este vídeo chegoume á médula eh. Eu non sei poñer videos de youtube aquí no meu blog, tereille que preguntar ó amigo Gerardo, que me vote un cabo cando teña tempo, por si me volve pasar. Iso, que directamente non sei poñelos, pero vouvos poñe-lo enlace.

Votádelle unha visual, porque dá que pensar o tema eh (ir)


Xa me contades aquí as vosas impresións ;-).

Saudiños e... sede bos!!!

jueves, noviembre 23, 2006

Xeral:Rarezas: O novo blog do Sr Cundíns (Resultado)

taratatá taratatá taratatá ..

and the juiner is ....


Mimadriña


mimadrinha.blogspot.com


Gracias a todos, amantes do labradío !!!

;-P

viernes, noviembre 17, 2006

Xeral:Rarezas: O novo blog do Sr Cundíns

A ver, a ver. Que o señor Cundíns, avellouse con isto dos blogs e díxome.. "teño que montar eu un blog carafio", para falar de labradío, e de moitas cousiñas desas do campo e do mundo en xeral:¿a que hora toman o caldo as ovellas?, ¿cómo se fai para depilar ás vacas debaixo do sobaco?, ¿cal é a cantidade apropiada de viño dulce para que o burro are tres ferrados dun tirón?.. bueno, todas esas dudas razoables ás que se poida enfrentar calquer amante do sacho.

Para dita labor, pedíu a miña colaboración, polo que me convertirei en coautor deste novo recurso imprescindible si queren ter vostedes un bó millo ou unhas boas patacas.

Pero a cousa xa empezou mal. Non nos damos decidido có tema do nome, cajiná. Por iso, pensamos de facer unha lista e somete-lo a votación e que a burremia popular sexa a que decida. Pois iso, señores, voten, voten, voten.. por favor, non nos deixen na tesitura de ter que tomar nós a decisión, tirando a boina ó aire e vendo de que lado cae ;-P

A lista para as votacións é:

labradio.blogspot.com --> Labradío

faitelabrego.blogspot.com --> Faite Labrego !!

ramonofertimon.blogspot.com --> Ramón, o Fertimón!!

petriculo.blogspot.com --> O Petrículo

mimadrinha.blogspot.com --> Mimadiña !!!

labrandonaeira.blogspot.com --> Labrando na Eira

dendeasartripodas.blogspot.com --> Dende as Artrípodas

tiotiburcionacapital.blogspot.com --> O Tío Tiburcio na Capital

olabregoimposible.blogspot.com --> O Labrego Imposible

entrerepolos.blogspot.com --> Entre Repolos

pelandocebolas.blogspot.com --> Pelando Cebolas

oaradocosmico.blogspot.com --> O Arado Cósmico


Por certo, lista pechada eh.. somos así de demojráticos ;-P. Tampouco poño quen propuxo cada nome, pero ei de dicir que o JJ tenche moitas ganas de notoriedade eh (je,je.. ata quere publicar en alemán). Ala, ánimo, a votar.. que o prazo remata o Mércores 22 de Novembro de 2006 cando o noso reloj de sol marque as 12:01:59:12'23'' .

Pois iso: Acudiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiideeeeeeeeeeeeeeee !!!!

jueves, noviembre 09, 2006

Música: Carmen París

Teño que confesar que teño unha clara e inclinada predilección polas voces rasgadas, tanto femeninas como masculinas. Teño que confesar que me conmoven especialmente esas voces que quebran nos agudos para convertirse en graves con elegancia e naturalidade. Teño que confesar que teño predileción pola música cun pequeno toque de jazz mezclado cun airiño de música hispana, cubana.. e tamén polas músicas populares, xeneradas pola tradicción de miles de pobos. Teño que confesar que non son un purista dos estilos e que me tiran eses sonidos fusionados que non perden a natureza dos seus ingredentes. Teño que confesar que son apasionado dos arabescos, cando se abrazan cós instrumentos e coas voces e se alían en cuarteto cun cacho de alma.

Teño que confesar que me gusta Carmen París. (ir)

Nesa dirección (con casquitos claro), xa vos sae (neste momento, cando saque outro dísco, Deus dirá ;-)), a cancion "Cuerpo Triste", que foi a vía de coñecemento para mín desta muller.

Ata a próxima entrada musical, seguide sendo bós eh !!

miércoles, noviembre 08, 2006

Xeral:Cociña:Receitas: Filloas

Bueno, bueno, bueno... parece que a nosa sección de cociña empeza a medrar eh. Pois sí, o amigo Uli remíteme unha receita para face-las filloas, que éste á súa vez, pedíu a María Xesús, uséase a autora. ¿Eu que fago entón?, pois simplemente poñelo aquí, por si alguén quere practicar na casiña (Uli díxome que saían boas eh).

Ingredentes:
½ litro de leite
1 litro de auga
½ vaso de anís
¾ Kg de fariña
3 ou 4 ovos
Raspadura dun limón verde
1 pouco de sal


Procedemento:
Mezclar todo ata que quede un líquido fluído e uniforme.
Untar a sartén con touciño con cada filloa.
Botar un pouco da mezcla na sartén , distribuir uniformemente por toda a sartén quedando unha fina capa e, se non está suficientemente consistente, engadir un pouco máis de fariña á mezcla e volver a uniformala.
* Botar un pouco de azúcar por enriba de cada filloa recién sacada da sartén

Ala, ¡ que vos presten ! :-)

martes, noviembre 07, 2006

Rarezas: Conversas con JJ: O portátil

Estou escribindo isto e estanme caindo as bagoas (as lágrimas, para a xente fala galego remexido). Estou pensando no inigualable, no meu máis fiel lector, no meu compañeiro de parrafada absurda, no contrincante que me metía unhas "sobas" criminales ó tenis (desjrasiado!), nese vimiances prolífico exiliado informáticamente nos madriles: JJ, o Gran Cundíns.

Por iso, non quero perder a ocasión de rendirche unha pequena homenaxe dende aquí, meu amigo. ¿E cómo facelo?, pois a idea deuma o señor krycho, cando leeu a última conversa absurda que tivemos polo chat, vostede i eu, sr JJ: "isto sí que é o que tiñas que poñer no teu blog" ;-P

Pois, ¿porque non?. Si señor, ahí vai a nosa paranolla labrega, que titulei: "o portatil" ;-)

usuario: bueno, bueno, bueno..pero si teño en linea ó terrible de Vimianso
Juan: mimadriña, a ver ho, necesito a axuda dun profesional
usuario: por qué o dis camándula??que tal de finde??
Juan: macho ando na busca dun portatil, pero non che tenño niin idea
usuario: macho dás coa persoa apropiadaeu son vendedor de portátiles :-)
Juan: carafio!! que me recomenda usté
usuario: pois que compres un lixeiro, de estructura de aluminio rápido (a según lle dés) de deseño, que tal .. convézoche??
Juan: e que marca me recomenda? seat?
usuario: non home non .. cacho inorante...o que vostede necesita é o "Sacho 3000"completamente portatil; pode escoller entre levalo enriba do lombo
Juan: coño!!
usuario: ou estilo cowboy. Non hai pataca que se resista
Juan: e manejable? e que tal de peso?
usuario: é máis ca un sacho.. é un amigo
usuario: e ten 3 Gigas de RAM (Revolucións Arando por Minuto)
Juan: carallo faiche o traballo dun arado? e unha cousa
usuario: dígame
Juan: con ese sacho canto cree uste que me levara recoller dous forrados de patacas?
usuario: home.. sé é vostede un labrego profesional.. en media hora listo !!!
Juan: carallo
Juan: e por canto mo deixa? por certo, traera funda non?e a madeira de calida?
usuario: madeira pastrán ja.. serás bertorella ¡¡ titanio!! trae o mango de titanio
Juan: mimadriña
usuario: e a funda de coiro de vaca rubia galega, ou que pensabas
Juan: estructura de aluminio e mango de titanio?
usuario: home .. a folla é de aluminio con recubrimento de teflón, pa que non se peguen as patacas
Juan: joder, eso esta ben
usuario: e ten un sistema que o activas e xa chas vai cortando e fritindo según as arranca
Juan: que eu de vez en cando doulle cada sachada
usuario: ahi non
Juan: carallo, e non tera nada uste para cortala herbado estilo do sacho e cun bo acabado
usuario: teño unha fouciña de fibra: mango lixeiro.. utiliceina eu moito en juimbledon, pa corta-la herba antes dos campeonatos
Juan: ahh, xa me ten contado algo
usuario: bueno, bueno, .. que a colleu o federer e quedou asustado
Juan: sufre uste ahora de codo de tenista?
usuario: xa quería xogar con ela e todo.
Aljo sí .. pero mais ben eu sufro o codo de tintorristae a muñeca de chourizista da fonsagrada
Juan: carallo debe ter uste un brazo que da medo
usuario: coma un mundo ;-P
Juan: mimadriña



Un forte abrazo, señor Cundíns. ;-)

viernes, noviembre 03, 2006

Xeral:Cociña: Páxinas Interesantes

A vida, non nos enganemos, vese distinta co bandullo cheo. Os disgustos minan o seu, acaban coa moral, está claro. Pero aqueles que non son mortais de todo, lévanse mellor cun bó plato de xamón ou cunha ración de empanada de zamburiñas ó lado, ¿non vos parece?.
Por iso, eu que son amante da boa cociña, no tocante sobre todo a degustala ;-P, vouvos a poñer por aquí uns enlaces a unhas paxinitas moi interesantes que curioseo de cando en vez:

Cocinalia: un blog que a verdade encántame, ten seccións do máis variado.

Colineta: o que pon a súa propia descrición: "Axenda culinaria. Literatura e Gastronomía".

Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo: este está moi ben eh.. a verdade. Trátase dun blog de opión culinaria. Ten unha sección de enlaces a outras páxinas relacionadas có tema, moi completa.

Galicia Gastronómica: esta xa é unha páxina de aspecto profesional eh. Ten un pouquiño de todo, pero bueno, non investiguei demasiado (haberá que insistirlle).

De pinchos: un blog dun cabaleiro que vai de bares por ahí e nos conta que pinchos dan "de gorra". Moi inxenioso eh.. e ¡moi recomendable caramba!, que se se pode mover o bigote cós viñitos, buff.. pois mellor que mellor ;-P

Saudos.

martes, octubre 17, 2006

Informática:Mundo CMS: WordPress en galego

Isto é o que ten o de falar por falar ves, que vou eu de listo e, na anterior entrada, solto que a ver si pasan o WordPress ó galego e tal e... ¡¡ tachán !! o amigo (que saludo amigablemente dende aquí) ala_747 (pinchando aquí podedes ir á súa web), ponme un comentario abríndome os olliños ;-). Gracias Nicolás... y ya no he escrito en castellano porque si has puesto el comment, vamos.. que el gallego está chupao eh :-).

Pois iso, neste enlace podedes saber máis do WordPress en galego (ir). Agradecidos estamos que a xente promocione esta a nosa lingua, por iso tamén gracias a dorfun.

Saudos.

viernes, octubre 13, 2006

Informática: Mundo CMS: WordPress

O primeiro é o primeiro: ¿WordPress?¿cualó? .. pois vou poñer definicións de entendidos eh.. non dunha burra coma mín.

wikipedia: WordPress es un sistema de gestión de contenidos enfocado a la creación de weblogs

O site oficial, pero poñendo a definición graciosa eh: WordPress é o que usas cando queres traballar con sofware de blogeo, non queimarte ;-)

Pois iso, un CMS orientado a blogs aínda que tamén permite ter páxinitas. Moi sinxeliño eh, eu instaleimo, xoguei algo con él e parece moi facilito. Algún erro ten, pero será cuestión de pelexar con él. A versión básica é monoblog, aínda que multiusuario, pero creo que tamén hai por internet a versión multiblog e plugins e cousas para facelo máis avanzado e.. bueno, o típico, mil caralladas.

Poño os enlaces:
- wikipedia: (ir) , ahí xa tendes máis enlaces tamén eh
- planeta wordpress: un site con instruccións moi facilitas para darlle ó tema. Un señoriño mexicano, Mario Nuñez, que nos pon isto dispoñible para que aprendamos (ir)
- site oficial: (ir)
- traducción de wordpress ó castelán, catalán ... a ver si alguén o traduce ó galego :-( (ir)


Informática: CMS: AppServ Open Project

¿Qué é AppServ Open Project?. Pois trátase dunha cousa que fixo un homiño moi xeneroso e que se resume en arrexuntar php+mysql+apache web server+phpMyAdmin e facer uns executables que cho instalan todo no teu pc sin ter que facer nadiña, así, maxia. E xa che queda todo instalado e furrulando. Home si xa tiñas algúns dos productos por separado instalados igual che da problemas e xa non sae a cousa tan redonda, pero eu instalei dende cero, sin ter nada disto previamente no pc e xenial eh.

E diredes, ¿e pa que quero eu semellante cousa?. Pois si queredes instalar calquer cousiña, que necesite ir tirado nun apache(véxase drupal, por exemplo), ou si queredes programar algo en php, ou si queredes ter unha bd en mysql e administrala fácilmente (phpmyadmin).. pois iso..

Bueno, eu son totalmente profano e igual dixen algunha burrada, os expertos perdoade eh.. A verdade que logo de ter esto hai mil historias que se poden instalar por enriba.

Veña, si queredes investigar e xoguetear, aquí tendes o enlace (ir)

miércoles, septiembre 20, 2006

Bases de Datos: dous blogs moi interesantes sobre Oracle

Si señores, dous blogs sobre Oracle de 2 cabaleiros que parece que controlan a mazo. Un é máis xeneral e outro orientado á optimización de sql. En calquer caso, para gardar como ouro en paño eh.

El blogoracle de Javier Morales (ir)

Optimización consultas SQL con Oracle (ir)

viernes, julio 14, 2006

Informática: Drupal: enlace á páxina oficial

Confeso que teño unha forte derivación a contidos relacionados con Java (xa me teñen acusado diso eh, e con razón), pero claro, hai máis cousas no mundo que java ;-), e ademáis moi interesantes. Unha delas é o mundo dos Servidores de Contidos, pero como en principio me vou centrar nos gratuitos e o máximo exponente é o Drupal, inauguramos unha categoría específica. O primeiro que vou poñer é o enlace á web oficial, logo xa iremos vendo. (ir)

jueves, junio 29, 2006

Informática: Ajax: ZK

Outro "framework" Ajax, si se lles pode chamar así, claro ;-). Ten boa pinta pero haberá que profundizar para coñece-lo bicho, je,je. O seu emblema: "Ajax but no JavaScript", cando menos promete eh. (ir)